Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá torneo de fútbol sala cadeta no pavillón do IES San Paio

7/12/2012

TORNEO DE FÚTBOL SALA CADETE

O próximo sábado no pavillón do IES San Paio

 

O sábado 8 de decembro, a partir das 11.00 horas, no pavillón do IES San Paio de Tui, disputarase o I Torneo Cidade de Tui de Fútbol Sala Cadete, organizado polo equipo de Fútbol Sala Cadete “La Fábrica de Tui” en colaboración co Concello de Tui.

 

Neste torneo participarán os equipos de fútbol sala VIGO 2015 e BAÍÑA F.S., ademais do organizador LA FÁBRICA DE TUI F.S., todos eles pertencen á categoría cadete da Liga de Fútbol Sala Federado.

 

O horario dos partidos será o seguinte:

11.00 LA FÁBRICA DE TUI F.S. – VIGO 2015

11.45 VIGO 2015 – BAÍÑA F.S.

12.30 LA FÁBRICA DE TUI F.S. – BAÍÑA F.S.

 

La Fábrica de Tui F.S. Cadete, equipo adestrado por Francisco Javier Reboreda, participa por primeira vez na liga federada de fútbol sala, liderando a mesma ao contar tódolos partidos xogados con vitoria.