Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá sábado proxectase a película de animación “O pequeno mago”

21/02/2014

Está escrita e dirixida polo tudense Roque Cameselle

Venres,21 de febreiro de 2014. Tui é o lugar onde transcorren as aventuras de Bieito Dubidoso, coñecido coma “O Pequeno Mago”, e precisamente no Teatro Municipal de Tui vaise proxectar mañá sábado a película de animación“O Pequeno mago” dirixida por Roque Cameselle. Tras a súa estrea en cines o pasado mes de novembro o público poderá disfrutar agora desta proxección mañá sábado ás 19h.

Baseada no libro “Bieito Dubidoso” escrito por Roque Cameselle a película achéganos ás aventuras de Bieito xunto á súa amiga Destreza que transcorren precisamente en Tui. Este neno de 9 anos fará fronte ao ataque dos piratas normando coa súa sorprendente maxia, pero tamén se enfrontará ao bispo Juan.

As entradas están xa á venda en www.culturatui,info ata mañá sábado ás 13 ao prezo de 3,5€ e 2,5€. Tamén se poderán adquirir o sábado dende ás 17.30 no despacho de billetes na Área Panorámica.