Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá sábado a Banda de Música Popular de Tui ofrece o seu segundo concerto na rúa deste verán

10/08/2018

Este sábado as 21:30h a Banda de Música Popular de Tui ofrece no Paseo da Corredoiro o seu segundo concerto dos tres previstos no Ciclo de Concertos de Verán na rúa. No variado e entretido repertorio no que interpretarán haberá dende clásicos, temas populares, bandas sonoras, e composicións contemporáneas coas que deleitarán ao público presente.

O terceiro e último concerto na rúa deste verán da Banda de Música popular de Tui será o sábado, 1 de setembro, ás 21.30h no Paseo da Corredoira.