Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá recital poético en homenaxe e Álvarez Blázquez no CXVII aniversario dos Xogos Florais de Galicia

23/06/2008

MAÑA RECITAL POÉTICO EN HOMENAXE A XOSE MARIA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ ÁS 21,00 H. NO MUSEO MUNICIPAL

Commemórase tamén o CXVII aniversario dos Xogos Florais

O Concello de Tui continúa desenvolvendo o programa de actividades conmemorativas do “Ano Xosé María Álvarez Blázquez”, logo do acordo plenario de dedicarlle este ano 2008 ao egrexio escritor e polígrafo tudense ao que Galicia enteira lembrou recentemente no “Día las Letras Galegas”, e chega agora o momento para celebrar un recital poético en torno a súa figura.

Amáis o Concello quixo que este acto coincidise co CXVII aniversario da celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia, primeiro acto público celebrado íntegramente en lingua galega, e que congregou no Teatro Principal da vella cidade miñota naquel 24 de agosto de 1891 aos principais protagonistas do “Rexurdimento” da cultura galega: Manuel Murguia, Alfredo Brañas, etc. Para o Concello tudense é importante lembrar esta data polo carácter de referente simbólico que posúe para a cultura da nosa terra.

En consecuencia, o recital poético de mañan comezará cunha escolma do discurso pronunciado na nosa cidade por Manuel Murguía e que conforma un fito no devir histórico da lingua de Galicia.

Así pois no acto poético a celebrar mañá martes 24 de xuño ás 21,00 horas no salón de Actos do Museo Municipal tudense poderemos escoitar os versos de dous fillos de Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé María e Alfonso Álvarez Cáccamo, que xunto coa escritora tudense Marga Romero do Val, protagonizaran este recital poético. Completarán este acto diversos veciños de Tui que recitarán unha escolma de versos de Xosé María Álvarez Blázquez.

O Concelleiro de Cultura tudense anima aos veciños de Tui a participar neste actividade que xungue dous referentes fundamentais para a historia cultura tudense dos últimos tempos, a celebración dos Xogos Florais no vello Teatro Principal e a figura portentosa de Xosé María Álvarez Blázquez, que a medida que avanza este ano dedicado á súa memoria, coñecemos en profundidade o seu inxente labor a prol da recuperación e revitalización da cultura e a lengua galega.