Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o III Trofeo Eurocidade de Balonmán

29/07/2014

 Martes, 29 de xullo de 2014. Mañá mércores, 30 de xullo, ás 12.00 horas españolas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do III Trofeo Eurocidade de Balonmán, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, as Federacións Española e Galega de Balonmán e coa colaboración do Club Balonmán Tui. O trofeo terá lugar o próximo venres, día 1 de agosto, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, a partir das 18.00 horas españolas. A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, os concelleiros de deportes de Tui e Valença, Nicolás Lorenzo e José Monte, o presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luís Pérez Ouro e o Presidente do Club Balonmán Tui, Segundo González.