Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o concerto “Memoria da melancolía” de Samuel Diz

9/03/2020

Mañá martes, 10 de marzo, ás 11 h, na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do concerto “Memoria da melancolía” que o tudense Samuel Diz ofrecerá este sábado, 14 de marzo, ás 20.30 h no Teatro Municipal de Tui.  

A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, e o propio Samuel Diz.