Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o Campionato Ibérico de Triatlón

28/07/2014

Luns, 28 de xullo de 2014. Maña martes 29, ás 11.00 horas españolas, na Cámara Municipal de Valença, terá lugar a presentación da segunda proba do Campionato Ibérico de Triatlón, que o próximo domingo se disputará na Eurocidade Valença-Tui.

Na mesma estarán presentes o presidente da Cámara de Valença, Jorge Mendes, o alcalde do Concello de Tui, Moisés Rodríguez, os concelleiros de deportes de Valença e Tui,  José Monte e Nicolás Lorenzo, os triatletas tudenses Gustavo Rodríguez e Aida Valiño, o presidente da Federación Galega de Triatlón, Francisco Villanueva e o coordinador da empresa organizadora Fullsport, Miguel Martínez.