Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase a IV Mostra da Camelia Cidade de Tui que se celebra esta fin de semana

16/01/2019

Mañá xoves, 17 de xaneiro, ás 12h, na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da IV Mostra da Camelia Cidade de Tui que se vai celebrar esta fin de semana na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica. Está organizada por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, coa colaboración do Concello de Tui, Deputación de Pontevedra e Sociedade Española da Camelia.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, a concelleira de Educación, Mila González, o presidente de ATUCA, José Carlos Montes, a vicepresidenta, Maria José Fernández Castiñeiras, e o secretario, Antonio Luís Montes.