Mañá preséntase a 3ª edición do MUMI
Mañá martes, 22 de febreiro, ás 12:15 horas, presentarase oficialmente o MUMI 2022 - III ENCONTRO PROFESIONAL DE MÚSICA GALICIA E PORTUGAL. O acto terá lugar no vestíbulo do Teatro Municipal de Tui (Edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica (Porta 1) na rúa Colón 2), e contará coa participación de:
- Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui.
- Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui.
- Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença.
- César Pérez Ares, xefe territorial da Xunta en Pontevedra
- Manuel Vicente "Roxo", MUMI - Galicia.
- Diana Martins, MUMI - Portugal.
No acto presentaranse as datas oficiais e os detalles da convocatoria para participar nesta 3ª edición do encontro, que durante 4 días reunirá a empresas, artistas e profesionais ao redor das músicas feitas na Galiza e Portugal, cunha programación de faladoiros, showcases e e speedmeetings para público profesional, e actividades abertas á cidadanía, en localizacións emblemáticas de Tui e Valença.