Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá mércores continuan as Xornadas “Lendo na Casa” cun contacontos para nenos e un obradoiro para pais a cargo de “Pavís Pavós”

23/10/2012

Nesa xornada celébrase o Día da Biblioteca

 

A Biblioteca Pública Municipal de Tui, xunto ás bibliotecas escolares do noso municipio, continúa desenvolvendo o programa das Xornadas “Lendo na casa” para promover a difusión da lectura no ámbito doméstico. Mañá mércores 24 de outubro, nunha xornada en que se celebra en toda España o “Día da Biblioteca”, a programación destas xornadas abrangue as seguintes actividades:

 

1.- Contacontos para nenos “Tres ou catro contos para tres ou catro anos”

Espectáculo de contos seleccionados especialmente para nenas e nenos de 3 e 4 anos de idade a cargo do grupo de contancontos “Pavís Pavós”. Este grupo de contadores de contos para público infantil formouse no ano 1996 en Pontevedra. Traballa principalmente con contos en galego e tratando de recuperar contos, adiviñas, refráns, fraseoloxía e xogos propios. Esta actividade terá lugar ás 18,00 horas

 

2.- Obradoiro para nais e pais: “Que conto che conto?”

Obradoiro para respostar a preguntas como Que conto lle conto ao neno? e que libro lle compro? cando llo compro? cando lle leo un conto, onde llo leo ou llo conto, teño que contarlle o mesmo conto aínda que o pida sempre? como tratar os contos, distintos tipos de libros infantís, contos para tratar o medo, para non mexar a cama, para deixar a chupeta, para a igualdade sexual... Horario 20,00 horas.

 

Estas xornadas rematarán o xoves cun programa de actividades que abrangue as seguintes propostas:

18,00 h.: Contacontos para nenos de 6 a 9 anos de idade a cargo de Marisa Irimia – kamishibai

19,00 h.. Mesa redonda “Lendo na casa”

                        - Conchi Regueiro, escritora

                        - Concha Costas de Espazo Lectura de Gondomar

                        - Representante da asesoria de bibliotecas escolares – Xunta de Galicia

20,30 h.: Obradroiro para pais con Marisa Irimia

 

A concelleira de educación e cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, salienta o interese destas xornadas que pretenden ofrecer ás familias tudenses ferramentas para a promoción da lectura entendida esta como un elemento necesario para o desenvolvemento persoal e social dos rapaces tudenses.