Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Maña inaugurase a exposición "3,2,1... Acción!" con traballos audiovisuais de alumnos da facultade de belas artes de Pontevedra

4/06/2013

Luns, 3 de xuño de 2013. A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle mañá martes, 4 de xuño, ás 20,00 horas a inauguración da exposición “3, 2, 1... Acción” que recolle unha mostra audivisual comisariada pola artista tudense Andrea Costa Amorín, onde poderemos contemplar diversos traballos audiovisuais de gran actualidade e que ofrecen novas propostas artísticas.

 

Como sinala a comisaria da exposición “nun traballo audiovisual percíbese a realidade cos cinco sentidos, acotando a vista e o oído por ser os protagonistas na comunicación e interpretación da realidade.

 

A arte audiovisual tamén é na actualidade un punto moi importante na nosa vida cotiá. Ofrecer ao público as imaxes que son capaces de concebir os alumnos e as alumnas de Belas Artes é un pequeno paso para asomarse a este espectáculo audiovisual.

 

Moitos das persoas que fan este tipo de traballos empregan moito tempo facendo cada debuxo ou cada bocexo, son artistas no seu medio e hai que ter en conta esta arte como calquera outra que poda estar pendurada nun  salón ou en marco de prata”.

 

As propostas que poderemos contemplar nesta exposición son as seguintes:

  1. Manuela Elizabeth Rodríguez González expón dúas animacións e fotogramas das mesmas e un dossier dunha delas
  2. Antía Barba Mariño presenta unha animación
  3. David Fidalgo Omil exhibe 4 animacións mais o libro de artista dunha delas

 

No dossier que acompaña a esta nota de prensa hai información sobre cada un dos traballos.

 

Para a concelleira de Cultura tudense, Vanesa Rodríguez Pereira, esta nova exposición amosa una proposta certamente novidosa na programación desta Sala Municipal de Exposicións como é o mundo audiovisual cunha escolma de traballos de novos creadores, alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra que achegan a Tui as súas novas propostas. A concelleira agradece o trabalo de comisariado de Andrea Costa que colabora co Concello de Tui ao longo deste ano na organización de tres propostas expositivas.

Dossier de Prensa