Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá comeza a funcionar o autobús directo entre Tui e praia América

29/07/2022

Mañá sábado comezará a funcionar unha liña directa de autobuses entre Tui e Praia América. A viaxe de ida será ás 12 h e o regreso ás 19.00 h. A duración do traxecto é de 40 minutos. 

Este novo servizo é activado pola Xunta de Galicia tras a petición realizada dende o Concello de Tui.  Manterase dende mañá e até finais do mes de agosto. Deste xeito dende Tui contarase cunha conexión directa con praia América en Nigrán.

Os horarios dos autobuses da Xunta e toda a información relativa aos novos servizos está dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Os servizos estarán activos durante os meses de xullo e agosto para facilitar os desprazamentos á praia desde Tui, que non contaba con conexións directas en transporte público.

A nova liña de autobús ofrecerá un servizo atractivo para os usuarios cun tempo de viaxe reducido, de só 40 minutos, ao non contar con paradas intermedias entre Tui e Praia América.

A nova liña disporá de dous servizos diarios de luns a domingo: un de ida ás 12,00 horas e outro de regreso con saída do areal de Nigrán ás 19,00 horas.

Neste novo servizo, como en todos os autobuses da Xunta, os menores de 21 anos poden viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova. No caso do concello de Tui son 681 os que actualmente dispoñen deste dispositivo.  Amais os outros usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.