Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá chegan a Tui os 350 participantes na IV Concentración Internacional de Policías Motoristas

29/08/2014

 

Venres, 29 de agosto de 2014. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, recibirán mañá ás 12h na Praza de San Fernando aos 350 policías moteiros que se achegarán ata a cidade dentro da IV Concentración Internacional de Policías Motoristas organizada por Motopolisvigo. Posteriormente visitarán a Catedral de Tui e o conxunto histórico da cidade. Ás 13.30h continuarán ruta pola vella ponte internacional en dirección a Valença onde xantarán nun restaurante deste localidade, regresando a Vigo a media tarde.

 

Motopolisvigo é unha asociación sen animo de lucro creada en 2008 , organizando ao ano seguinte a primeira concentración internacional. Entre os seus obxectivos está promover o desenvolvemento e a práctica continuada do moto-turismo.

 

 

Programa previsto sábado 30 de agosto:

10:30  Ruta ata Tui.

12:00  Recepción das Autoridades na Praza de San Fernando, visita á Catedral e conxunto histórico

13:30  Ruta pola vella ponte internacional ata Valença

14:00 Xantar típico portugués na "Quinta do Prazo". 

17:00  Saída cara Vigo.

20:00  Espectáculo sorpresa con sorteos e recepción Autoridades.

21:00  Cena de gala