Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá celébrase o Concerto de Fin de Ano no Teatro Municipal

26/12/2019

Correrá a cargo da Banda de Música Popular de Tui e as corais do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo

Mañá venres, 27 de decembro, ás 21h no Teatro Municipal de Tui celebrarase o Concerto de Fin de Ano. Correrá a cargo de catro agrupacións tudenses a Banda de Música Popular de Tui e as corais do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo que ofrecerán un repertorio no que primarán as panxoliñas e as composicións da familia Strauss.

A Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, baixo a dirección de David González, será a encargada de abrir o concerto con “Noche de Paz”, logo interpretarán “Despacito no hagais ruído” e rematarán coa panxoliña “Seguindo unha estrela”.  A Coral Ponte das Febres de Ribadelouro, dirixida por Rafael Pérez, elixiu para este concerto “Corre lixeiro”, “O neno dormía” e a composición popular andaluza “Olé olé”. Con “Nadal de Luintra” abrirá a súa actuación a Coral San Telmo que interpretará tamén “O Meniño” e “Catro galegos a Belén” baixo a dirección de Celso Diego Martínez.

A concerto proseguirá coa intepretación por parte das tres corais e da Banda de Música Popular de Tui de “Blanca Navidad” e “Adeste Fidelis”. A última parte deste evento musical correrá a cargo da Banda de Música Popular de Tui que ofrecerá o tema principal da banda sonora de Xogo de Tronos, as panxoliñas “Feliz Navidad” e “Adeste Fidelis”, e o “Danubio Azul” e “Marcha Radetzky” de Johann Strauss.

As entradas están á venda en www.culturatui.info até mañá venres ás 12 h e mañá dende ás 19.30 h poderanse adquirir no despacho de billetes aos prezos de 5€ e 3€.