Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá ás 19h inaugúrase a exposición “Arquitectura e cultura nos conventos franciscanos en Galicia”

31/07/2014

 

Poderá visitarse ata o 13 de agosto na Sala Municipal na Área Panorámica

 

Xoves, 31 de xullo de 2014. Mañá venres, 1 de agosto, ás 19h terá lugar a inauguración da exposición "Arquitectura e cultura nos conventos franciscanos en Galicia" na Sala de Exposicións Municipal no edificio da Área Panorámica. O acto inaugural correrá a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e do xerente da S.A. do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela.

 

A exposición poderá visitarse en Tui ata o 13 de agosto en horario de luns a venres de 9 a 14h e de 17.30h a 20.30h, e os sábados de 9 a 13h.

 

A mostra "Arquitectura e cultura nos conventos franciscanos en Galicia" está enmarcada nos actos de celebración do VIII Centenario da Peregrinación de san Francisco de Asís a Santiago de Compostela. En catorce paneis recóllese a tradición da peregrinación de sa