Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Mañá ás 11h preséntase a VIII Festa do Miño que se vai celebrar o sábado 18 de agosto

9/08/2018

Mañá venres, 10 de agosto, ás 11h no salón de sesións da casa do concello será presentada a VIII Festa do Miño que se celebrará o sábado, 18 de agosto, ao longo de toda a xornada.

Estarán presentes Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui, Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura, Anxo Lorenzo, músico, e un representante das asociacións culturais Seixos Albos de Areas,  Lembranzas da Terra de Guillarei, Santiago de Malvas, Laxes de Paramos, Aloia de Pazos, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, Traxe Tradicional de Tui, Espenicelo de San Bartolomé, e San Telmo de Tui.