Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Malabaranda actúa o sábado no teatro cun espectáculo de circo-clown “Residuo” será representado ás 19h

14/02/2014

Venres,14 de febreiro de 2014. O Teatro Municipal de Tui acolle mañá sábado, 15 de febreiro, ás 19h a representación do espectáculo de circo-clown “Residuo” por parte de Malabanda.

“Residuo” é un espectáculo didáctico e pedagóxico para todos os públicos no que se mestura o circo e o humor para crear unha conciencia social sobre o tratamento sostible do lixo.  A obra está protagonizada por dous varrendeiros, aos que dan vida Manuel Lago e J.L. Rodríguez “Kote”,  dos que un ten ampla experiencia na recollida selectiva e outro só pensa na música e na festa.

O espectáculo, cunha duración de 55 minutos e vai dirixido a todos os públicos. As entradas están xa á venda en www.culturatui,info ata mañá sábado ás 13 ao prezo de 3,5€ e 2,5€. Tamén se poderán adquirir o sábado dende ás 17.30 no despacho de billetes na Área Panorámica.