Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Máis de 500 persoas participaron nas actividades de Nadal da Biblioteca Municipal

9/01/2023

Case 150 asistiron aos obradoiros e preto de 375 ao planetario

520 persoas de Tui e da contorna participaron nas actividades de Nadal organizadas pola Biblioteca Pública Municipal de Tui durante as festas de Nadal.

Por unha banda aos cinco obradoiros desenvolvidos polas mañás entre o 26 e o 30 de decembro con temática diversa asistiron 146 nenos e nenas. Os obradoiros celebrados foron de obxectos de Nadal, animais fantásticos, xogos, contos e maxia.

Por outra parte na primeira semana de ano, entre o luns 2 e o mércores 4, a Biblioteca Municipal acolleu o “Planetario: navegando polo universo” con seis sesións diarias. Neste Planetario dedicado ao público familiar contouse coa participación de 374 persoas, maioritariamente de idade infantil, pero tamén persoas afeccionadas a astronomía que non quixeron perder esta actividade de divulgación científica.

A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, amosa a súa satisfacción por estes datos que confirman o interese desta programación de “Nadal na Biblioteca” que combinaba aspectos lúdicos e de lecer coa divulgación neste caso de coñecementos sobre o universo.