Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Máis de 500 nenos e nenas participan este ano no Campamento de Verán Igual É + 2023

26/06/2023

A primeira quenda comeza o próximo luns 3 de xullo no pavillón Gustavo Rodríguez

Un total de 560 nenos e nenas, con idades entre os 3 e os 12 anos, participarán no Campamento de Verán Igual É + 2023 organizado polo Concello de Tui a través das concellerías de Deportes e Igualdade. O obxectivo é facilitar a conciliación familiar durante a época estival ao tempo que brindar aos nenos e nenas unha actividade de lecer durante as vacacións. 

Este ano o campamento contará con catro quendas de dúas semanas cada unha. O próximo luns 3 de xullo comezará a primeira, que se prolongará até o venres día 14. Os e as participantes deberán levar roupa cómoda, unha mochila co seu nome, merenda, unha botella de auga, protección solar e gorra. 

O horario para deixar aos e ás participantes no pavillón municipal Gustavo Rodríguez será de 7.45 h a 9 h, e para recollelos de 14 h a 15.15 h. 

A segunda queda, celebrarase do 17 ao 31 de xullo; a terceira, entre o 1 e o 14 de agosto; e a cuarta quenda, vai do 16 ao 31 de agosto.

No inicio de cada quenda entregarase a programación prevista para ese período na que se especificará as actividades a realizar.