Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Máis de 300 deportistas no II Torneo Eurocidade de Fútbol 7

21/05/2013

Martes, 21 de maio de 2013. As instalacións deportivas “Álvarez Durán” de Tui acolleron a pasada fin de semana o II Torneo Eurocidade de Fútbol 7, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, coa colaboración do Tyde F.C.

 

Neste segundo torneo participaron 19 equipos, cun total de máis de 300 xogadores e xogadoras de categorías benxamín e alevín, sendo arbitrados os partidos polos monitores do Tyde F.C., xa que o que se busca con este torneo é a convivencia e a xuntanza dos rapaces ao redor do deporte do fútbol.

 

Na categoría benxamín, que disputou os seus partidos o sábado pola mañá, participaron os equipos do Ribadelouro, Goián, Valenciano, Alameda, Ribera, Cerveira, Raianos, Tyde A e Tyde B; na categoría alevín, participaron o Ribadelouro, Fontourense, Ribera, Alameda, Gondomar, Valenciano, Goián, Cerveira, Tyde A e Tyde B.

 

Na xornada do domingo, disputáronse os partidos finais, tras o cal, os xogadores recibiron as medallas conmemorativas do torneo Eurocidade de mans dos Concelleiros de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo e de Valença, José Monte.

 

O Concello de Tui agradece a colaboración dos directivos e monitores/adestradores do Tyde F.C. pola magnífica organización deste segundo torneo, que como aconteceu o ano pasado, foi un éxito de participación, non só polos equipos asistentes ao torneo, se non polo numeroso público que acompañou aos deportistas. Tamén agradece a colaboración  dos Bombeiros Voluntarios de Valença polo seu apoio na seguridade dos partidos.

Futbol 7 Eurocidade
Futbol 7 Eurocidade