Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Máis de 2.800 persoas pasaron en xuño pola Oficina Municipal de Turismo

11/07/2022

Deste total 1.176 eran peregrinos e 1.697 turistas. En xuño saíron de Tui 3.571 peregrinos e peregrinas cara Santiago

Máis de 2.800 persoas solicitaron información durante o mes de xuño na Oficina Municipal de Turismo, situada no Paseo da Corredoira.  Das 2.873 persoas que se achegaron até este punto de información 1.176 eran peregrinos e 1.697 turistas.

O turismo que en xuño se rexistrou na cidade foi maioritariamente nacional xa que dos 1.697 turistas que pasaron pola oficina tudense 1.503 eran nacionais e 194 estranxeiros. Madrid con 281 persoas, seguida de Barcelona 281 e Pontevedra con 94 foron os principais puntos de orixe dos que visitaron a cidade. Mentres Arxentina con 24, Portugal e Alemaña con 21 persoas, Reino Unido con 19 e EEUU con 18foron os países de procedencia maioritarios do turismo internacional.

En xuño pasaron pola Oficina Municipal de Turismo 1.176 peregrinos e peregrinas dos que 728 eran nacionais e 448 internacionais.

No referente aos peregrinos nacionais Madrid con 103 persoas, Valencia con 84, Sevilla con 81, e León con 72 foron os principais puntos orixe. Alemaña con 91 persoas, Portugal con 71, EEUU con 42 e Italia con 39 foron os principais países de orixe dos peregrinos e peregrinas internacionais que en xuño pasaron pola Oficina de Turismo.

Por outra parte, segundo os datos da Oficina do Peregrinos, no mes de xuño 11.820 realizaron o Camiño Portugués. Deste total 3.571 saíron de Tui, que se mantén coma cuarto punto de saída de peregrinos cara a Santiago tras Sarria, S. Jean P Port e Porto. Valença sitúase no sexto lugar con 1.656 peregrinos e peregrinas que iniciaron aquí o camiño.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valora positivamente estes datos do mes de xuño, que consolidan a boa evolución que o turismo está a rexistrar na cidade. Destacando as boas perspectivas que hai tanto para o mes de xullo para o de agosto.

A Oficina Municipal de Tui abre de luns a domingo de 9.30 a 14 h e de 16 a 19 h. Está situada en pleno Paseo da Corredoira, e se pode contactar coa mesma no teléfono 677 41 84 05 ou no correo turismo@tui.gal.