Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Lagarta, Lagarta presenta “Unha hora na vida de Stefan Zweig”

13/10/2011

Será o venres ás 21.30h no Teatro Municipal


Está interpretada por Ernesto Chao, César Cambeiro e Belén Constenla

 

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, ás 21.30h, a representación de “Unha hora na vida de Stefan Zweig” da man da compañía Lagarta, Lagarta. Este espectáculo forma parte da programación cultural que organiza a Concellería de Cultura.

“Unha hora na vida de Stefan Zwieg” está dirixida por Rosa Álvarez e interpretada por Ernesto Chao, Belén Constenla, César Cambeiro. A obra, escrita por Antonio Tabares, introdúcenos na vida do matrimonio Zweig, nun momento moi especial, manténdonos en vilo sobre o que en realidade aconteceu na vida deste escritor e o que puido ter acontecido.

O matrimonio Zweig toma unha gran determinación sobre a súa vida, calculada con meticulosidade, pero no seu fogar presentase un estraño e inoportuno visitante. Esa visita permítenos afondar nos seus posicionamentos ante a vida, a morte, os medos, o amor, o exilio, as guerras, o poder, a liberdade individual, a fuxida permanente dun mundo que horroriza……

A compañía Lagarta, Lagarta creouse en 2001 da man de Ernesto Chao e Rosa Álvarez, dous actores de longa traxectoria profesional en Galicia. Esta é unha compañía de actores nada co espírito de facer espectáculos e proxectos que moitos actores agardan e desexan enfrontarse a eles, pero que por diversos motivos non se puideron facer no seu momento. Por este motivo Lagarta, Lagarta non conta cun cadro fixo de profesionais senón que buscan os máis idóneos para cada produción. Os seus últimos espectáculos foron “As últimas lúas”, “Aeroplanos”, “O segredo dos Hofmann” e “Casting” aos que agora se ven de sumar “Unha hora na vida de Stefan Zweig”.

As entradas están á venda na web www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 5€ e 3€.

 

 

Lagarta, Lagarta con “Unha hora na vida de Stefan Zweig”

Data: Venres, 14 de outubro, ás 21.30h

Lugar: Teatro Municipal

Entradas: 5€ e 3€ á venda en www.culturatui.info ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes.