Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

"Invisibles" aborda a violencia de xénero a través da historia real de mulleres galegas

12/02/2019

A obra chega este venres ás 21.30h ao Teatro Municipal de Tui da man de Redrum

Redrum Producciones de Santiago de Compostela presenta este venres, 15 de febreiro, ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui "Invisibles".

Marián Bañobre dirixe o elenco formado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez.

O espectáculo está baseado no libro homónimo de  Montse Fajardo, autora tamén de "Matriarcas" e "Un cesto de mazás".  "Invisibles" presenta historias reais de mulleres galegas vítimas de malos tratos unidas polo fío común da violencia de xénero. Unha reflexión sobre o perfil das mulleres que sofren, sufriron, esta lacra e sobre a invisibilidade dos agresores fronte á exposición delas na sociedade.

Con este espectáculo Redrum presenta dúas grandes reflexións: a inexistencia dun perfil típico entre as mulleres que sofren violencia de xénero e a invisibilidade dos agresores fronte á exposición das vítimas ante a sociedade. Busca que o público desenvolva unha conciencia crítica  e cuestione a realidade que o envolve para poder así transformala.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata este venres 15 de febreiro ás 12h, e este mesmo venres dende ás 20h no despacho de billetes, aos prezo de 6€ e 5€.

Redrum con "Invisibles"

  • Data: Venres, 15 de febreiro, ás 21.30 h
  • Lugar: Teatro Municipal de Tui
  • Entradas: á venda  en www.culturatui.info ata o venres 15 de febreiro ás 12 h. O venres, 15 de febreiro, dende ás 20 h no despacho de billetes
  • Prezos: 6€ e 5€