Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Inicio da terceira quenda dos Campamentos Urbanos e Deportivos de Tui 2014

29/07/2014

Este venres 1 de agosto, ás 09.00 horas, no novo pavillón deportivo municipal tudense

Martes, 29 de xullo de 2014. Este venres, 1 de agosto, dará comezo a terceira quenda dos Campamentos Urbanos Deportivos de Tui 2014, nos que máis de oitenta nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, realizarán diferentes actividades lúdicas e deportivas, nas instalacións deportivas municipais, no río Miño e no Parque Natural do Monte Aloia.

Os pais e nais deberán levar aos participantes ao novo pavillón deportivo municipal tudense, ás 9horas, onde recibirán indicacións do desenvolvemento do campamento por parte do coordinador da actividade.

Na quenda que termina o xoves 31 participaron 150 rapaces nas diferentes actividades organizadas polo Concello de Tui a través da empresa Actividades Lúdicas Galicia, que sumados aos cento noventa e oito da primeira quenda, suman xa un total de 348 participantes nos Campamentos Urbanos e Deportivos de Verán Tui 2014.