Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Inaugurada a exposición "Recuperando as nosas tradicións: bordado ao aire"

13/02/2013

INAUGURADA A EXPOSICIÓN DE BORDADO AO AIRE

Organizada pola Asociación do Traxe Tradicional de Tui e o Concello tudense

 

Mércores, 13 de febreiro de 2013. A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolleu o pasado luns o acto de inauguración da exposicións “Recuperando as nosas tradicións: bordado ao aire” que está organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil do Traxe Tradicional de Tui coa colaboración do Concello de Tui.

 

Participaron no acto o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, xunto a concelleira de cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, e a vicepresidenta da Asociación organizadora, Pilar Pazo Diz.

 

Nesta mostra podemos contemplar unha escolma dos traballos que realizados con esta técnica forman parte do traxe tradicional tudense ao que enriquecen coa súa decoración, igualmente figuran na exposición diversos traballos realizados con esta técnica tradicional.

 

Os martes 19 e 26 de febreiro as alumnas do curso de bordado ao aire que realiza esta asociación ofreceran unha demostración en vivo do seu traballo dende as 17,00 horas na propia exposición que estará aberta ata o 26 de febreiro.

 

Esta mostra forma parte do labor conxunto que realiza a Eurocidade Tui – Valença no ámbito cultural e asi actualmente no Núcleo Museolóxico de Valença podemos contemplar unha mostra de similar carácter etnográfico centrada nos “bordados de namorados” típicos da cidade irmá.