Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Inauguración da exposición "A sinxeleza do natural" mañá na sala municipal de exposicións

4/11/2013

Mañá, 5 de novembro, inaugúrase ás 20h a mostra “A sinxeleza do natural” na Sala Municipal de Exposicións da Área Panorámica de Tui .

 

A temática da exposición é a natureza reflexada desde as diferentes vertentes das artes plásticas coma fotografías, debuxos ou esculturas. Os artistas buscan expresar aquí a súa visión da natureza, o que eles pensan sobre a natureza, o corpo e a sinxeleza do natural en xeral.

 

Destaca a mostra polo gran número de obras e artistas participantes e  pola mezcla de temas que nela se abordan comúns ao título da mesma “A sinxeleza do natural” convertíndoa na mostra máis provocativa do ano.