Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

II Concurso de Microrrelatos da Red de Juderías de España

19/11/2019

A Red de Juderías de España, da que forma parte o Concello de Tui, convoca o II Concurso de Microrrelatos, dentro do programa educativo Bejamín de Sefarad. O obxectivo deste certame é espertar a afición pola escritura, a imaxinación e a capacidade para descubrir experiencias e o seu entorno polo alumnado e dar a coñecer entre os máis pequenos o legado xudeu das cidades que están integradas na Rede.

O concurso vai dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2005 e 2008. Para participar teñen que escribir un microrrelato, cunha extensión máxima de 350 palabras, sobre a herdanza xudía da súa cidade, a historia xudía de España ou inspirado na cultura xudía.

Os relatos débense enviar, até o 22 de decembro ás 23.59 h, nun documento de texto a concurso@redjuderias.org e acompañar outro documentos co nome e apelido do autor ou autora, ano de nacemento, correo electrónico de contacto e centro educativo ao que pertence.

Entre todos os microrrelatos recibidos seleccionaranse os 30 mellores cos que se editará o libro II Concurso de Microrrelatos da Red de Juderías de España.  Establécese amais tres primeiros premios consistentes nun cheque de viaxe por valor de 1.200 €, 1.000 € e 800 € respectivamente. Tamén haberá 10 mencións especiais dotadas cun cheque de viaxe de 200€ cada unha.

As bases completas do Concurso pódense consultar na web www.redjuderias.org.