Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

II Camiñad solidaria VALENÇA-TUI

23/12/2013

Luns, 23 de decembro. O próximo domingo, 29 de decembro, ás 10.30 horas españolas, dará comezo a II Camiñada Solidaria Valença-Tui, organizada polo Club AndaTui Rego da Pedra, en colaboración co Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença, e con apoio dos Bombeiros Voluntarios de Valença.

 

Esta segunda edición terá a súa saída dende a porta de entrada a muralla da Avda. dos Combatentes de Valença (a máis próxima ao antigo campo da feira), e como o ano pasado, ten xeito solidario, xa que cada participantes deberá achegar alimentos non perecedoiros ou xoguetes que serán doados as ONGs locais.

 

Dende o Concello de Tui felicitan ao Club AndaTui Rego da Pedra por esta iniciativa solidaria, así como animan a tódolos cidadáns da Eurocidade a participar na camiñada.