Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Igrexa de San Domingos centra a nova visita guiada do programa “Coñece o noso patrimonio”

7/08/2023

Será este mércores, 9 de agosto, ás 20.30 h. É precisa inscrición previa en biblioteca@tui.gal

Este mércores, 9 de agosto, ás 20.30 h terá lugar a visita “San Domingos, un singular templo entre o gótico e o barroco” a cargo de José Ramón Fernández Fernández, licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e acreditado especialista no patrimonio tudense.

Esta actividade forma parte do programa de visitas guiadas a diversos elementos patrimoniais da cidade “Coñece o noso patrimonio” organizada polo Instituto de Estudios Tudenses co obxectivo de facilitar un achegamento a diversos espazos patrimoniais tudenses.

A visita conta con aforo limitado sendo necesaria inscrición previa mediante un correo electrónico dirixido a biblioteca@tui.gal  indicando nome e teléfono de contacto e ruta elixida.

A igrexa de San Domingos formaba parte do convento dos dominicos. En foi declarada Ben de Interese Cultural recoñecemento aos seus especiais valores artísticos e patrimoniais e constitúe un dos mellores exemplos de arquitectura gótica de Galicia. Conserva dos espectaculares retablos barrocos de especial relevancia.

Este programa de actividades conta coa colaboración da concellería de Patrimonio e Turismo do Concello de Tui. A concelleira Ana María Núñez Álvarez agradece este iniciativa do Instituto de Estudios tudenses que promove un achegamento aos bens patrimoniais tudenses contribuíndo a súa promoción e difusión.

A próxima visita será o luns 14 de agosto, ás 20.30 h, ao barrio de Riomuíños e guiada polo historiador Suso Vila.