Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

I Concurso Internacional de pesca

19/03/2014

Mércores, 19 de marzo. O próximo domingo 23 de marzo celebrarase o I Concurso Internacional de Pesca de Salmónidos e Spinning a flote, organizado polo Club Náutico San Telmo en colaboración co Concello de Tui.

As inscricións para este concurso realizaranse no Club Náutico San Telmo ou a través dos números de teléfono 658.875.716 / 986.602.464, ata o mesmo día da proba, sendo o prezo da inscrición de 5€ por pescador.

O concurso dará comezo ás 08.00 horas coa recepción dos pescadores e, tras un almorzo rápido, media hora despois sairán ao Río Miño. O Club Náutico San Telmo habilitará varias embarcacións para aqueles pescadores que non dispoñan delas. Ás 17.00 horas rematará o concurso, realizándose o control das pezas ás 17.30 horas.

Lembrar que os pescadores deberán dispoñer da correspondente licenza de pesca, así como a documentación en regra das embarcacións que utilicen.