Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Hoxe abre o prazo para participar no I Concurso Fotográfico Enmárcate en Tui

23/08/2019

Os interesados poden enviar un máximo de dúas fotografías tomadas no marco situado na rúa Martínez Padín

O Concello de Tui, a través das concellerías de Turismo e Patrimonio, convoca o I Concurso Fotográfico “Enmárcate en Tui”. No mesmo poderase participar coas instantáneas  realizadas utilizando o marco que está situado na area de autocaravanas, na antiga ponte sobre o río Tripes, na rúa Martínez Padín.

Neste concurso poderá participar todas as persoas maiores de idade, que o desexen, cun máximo de dúas fotografías. As fotografías debe ser tomadas no marco instalado nesa zona, podendo aparecer na mesma o número de persoas que o autor estime oportuno   

Os interesados en participar no concurso deben enviar as fotografías xunto como modelo de inscrición, que está accesible na web tui.gal ao correo electrónico comunicacion@tui.gal, cubrindo os seus datos: nome e apelidos do autor, lugar de residencia, data na que foi tomada a instantánea, teléfono e correo electrónico, ademais da autorización para publicar a foto nas redes sociais do concello, así como noutros medios de comunicación en caso de resultar gañadora e a autorización expresa de publicación si aparecen menores na mesma.

As fotografías deben enviarse dende hoxe venres, 23 de agosto, até o 30 de setembro. O xurado, nomeado polo Concello, dará a coñecer o seu fallo o venres 4 de outubro. A persoa gañadora recibirá unha figura decorativa réplica do pórtico da Catedral de Tui.

Con este concurso trátase de premiar a creatividade dos visitantes á cidade e ao mesmo tempo promocionar a imaxe turística  de Tui , que ten desde o punto onde esta situado este marco un perfil moi recoñecible e de gran atractivo visual. Independentemente deste concurso, xa hai un bo número de fotos circulando polas redes realizadas desde ese lugar, o que ven a demostrar o valor dinamizador de esa peza instalada polo concello.

Bases do concurso

Modelo de inscrición