Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe 5 de febreiro aniversario do nacemento de Xosé María Álvarez Blázquez a Concellería de Cultura presenta a memorio das actividadesde desenvolvidas arredor da súa figura no ano 2008

5/02/2009

O CONCELLO DE TUI ORGANIZOU DOCE ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO "ANO XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ" AO LONGO DO PASADO ANO 2008

 

O Concello de Tui, a través da Concellería de Cultura, organizou directamente ou participou directamente na organización de ata doce actividades ao longo do pasado ano para celebrar o "Ano Xosé María Álvarez Blázquez", así declarado pola Corporación Municipal tudense, logo do acordo da Real Academia Galega de dedicarlle a celebración do "Día das Letras Galegas".

 

Lembrando que foi un 5 de febreiro de 1915 cando no Paseo de Elduayen (hoxe Corredoira) naceu Xosé María Álvarez Blázquez na cidade de Tui, o concelleiro de cultura presenta o balance das actividades realizado ao longo do ano pasado para a recuperación da súa figura e, especialmente, das súas achegas á cultura da nosa cidade. Este feito é probablemente unha das principais conclusións deste ano, pois os tudense puideron coñecer como Álvarez Blázquez participo unas escavacións de Cabeza de Francos, fundou o primeiro museo que houbo en Tui, investigou a súa prehistoria e historia, tomou a Tui como protagonista nalgunha das súas novelas e poemas, ou en moitos artigos periodísticos. Dignificar a súa memoria foi o obxectivo do libro editado polo Concello o pasado ano "Xosé María Álvarez Blázquez e Tui. Da vella casa ao corazón aberto" e dos actos institucionais desenvolvidos o 23 de abril co descubrimento dunha placa conmemorativa na casa familiar no arrabaldo do Rollo.

 

Mesas redondas, recitais poéticos, roteiros arredor da súa figura, exposicións... son algunhas das actividades desenvolvidas polo Concello de Tui que foi, en palabras do concelleiro Moisés Rodríguez Pérez, a única institución de Galicia en declarar o pasado ano como "Ano Xosé María Álvarez Blázquez". Finalmente, o concelleiro tudense lembra que a celebración entre o 11 e o 13 de decembro do Congreso "Álvarez Blázquez" foi un excepcional broche para o programa deste ano 2008.

 

O Concello de Tui pois, remata Moisés Rodríguez, con este amplo programa de actividades puxo a nosa cidade como referente ao longo do pasado ano tanto polo número de actuacións programadas como pola súa calidade. En definitiva o obxectivo de honrar, recuperar e divulgar a figura de Xosé María Álvarez Blázquez.

Nesta mesma páxina na sección "Outros" pódese descargar a memoria.