Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Gustavo Rodríguez participou na fin de semana pasada no Campionato do Mundo de duatlón

25/09/2012

O deportista tudense Gustavo Rodríguez, participou a pasado fin de semana no Campionato do Mundo de Duatlón, na localidade francesa de Nancy.

 

O ex-ciclista profesional, que cambiou de modalidade deportiva ao duatlón e triatlón hai dous anos, acadando o Subcampionato de España de Duatlón no pasado mes de maio, obtivo a posición 27ª nesta proba mundial, na que os deportistas teñen que correr 10 qm, competir en bici 40 qm. e percorrer outros 5 qm. correndo ata a liña de meta.

 

O Concello de Tui, a través do seu concelleiro de deportes – Nicolás Lorenzo Montes- felicita a “Tavo” pola participación nesta proba mundial e por levar o nome da nosa cidade aos eventos máis destacados da súa especialidade deportiva.