Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Gustavo Rodríguez acada a primeira posición na I Triatlón Tui-Porriño

29/05/2013

Martes, 28 de maio de 2013. O triatleta tudense Gustavo Rodríguez acadou o triunfo na I Triatlón Tui-Porriño, organizada polo Concello do Porriño en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Triatlón, que se disputou o pasado sábado 25 de maio.

 

A proba, que tivo a súa saída dende a Praia da Mariña de Tui, congregou a 290 deportistas e ao numeroso público asistente, que puideron gozar do inicio da proba a nado, onde os triatletas tiveron que percorrer unha distancia de 750 metros.

 

Tras a proba de natación tocou o circuíto en bicicleta, 20 quilómetros saíndo dende o parquing do Club Náutico San Telmo, percorrendo o Camiño de Santiago en dirección a Porriño, onde “Tavo” Rodríguez que partiu dende a 16ª posición tras saír do río Miño, remontou ata a primeira posición, que non perdeu nos 5 quilómetros a pé polas rúas de Porriño.

 

O Concello de Tui felicita a Gustavo Rodríguez por este triunfo na casa, e pola espectacular tempada realizada ata agora.

 

Tamén desexa agradecer ao Concello de Porriño por contar con Tui para organizar este evento deportivo dende a nosa cidade, así como a todos aqueles que colaboraron na seguridade da proba, Policía Local de Tui, Protección Civil de Tui, Comandancia Naval do Miño, Cruz Vermelha de Valença, Club Kayak Tudense, Club Remo Tui, Club Atletismo Tui, Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, Club MTB Aloia e Club Ciclista de la Fuente.