Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Gran variedade de produtos de temporada mañá sábado no noveno Mercado da Verdura no cárcere vello en Tui

29/08/2014

 

Venres, 29 de agosto de 2014. Mañá sábado, 30 de agosto, ás 10h abrirá as súas portas no cárcere vello, na rúa Sanz en Tui, o noveno Mercado da Verdura. A iniciativa está organizada polo Concello de Tui, APEGA, Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos, e o Foro Tude.

 

Mañá no mercado poderemos atopar gran variedade de produtos ecolóxicos coma berenxenas, calabacín, xudías, pementos, tomates... directamente por parte dos seus produtores.