Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Gastronomía e Artesanía únense en Tapearte Tui

30/04/2013

Celebrarase do 1 ao 5 de maio en 15 establecementos tudenses

Martes, 30 de abril de 2013. Mañá mércores, 1 de maio comeza en Tui a iniciativa Tapearte Tui froito da colaboración entre o Concello de Tui, Turismo Baixo Miño e restauradores locais. Trátase dunha rota de tapas na que van participar 15 establecementos tudense ata o próximo domingo 5 de maio.

Tapearte Tui foi presentada esta mañá pola concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, o presidente de Turismo Baixo Miño, David Villar, e un dos restauradores participantes Manuel Crisóstomo.

A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, explicaba que Tapearte Tui xurde de forma complementaria á Feira de Artesanía que se vai celebrar na fin de semana. A ruta comezará o mércores día 1 e extenderase ata o domingo 5. Os quince locais participantes ofrecerán distintas tapas ao prezo de 2€. Entre todos os participantes na rota sortearanse almorzos, menús, degustacións ou ceas.

David Villar, pola súa banda, explicou que se trata de aunar dous sectores diferentes pero ao tempo complementarios como son a restauración e a artesanía, aproveitando a celebración da xa consolidada Feira de Artesanía de Tui. Ao través dunha rota polos distintos locais “búscase promocionar tamén a nosa cociña” sinalaba. Amosou amais a súa satisfacción pola boa resposta que tiveron por parte dos establecementos hostaleiros de Tui e amosaba o seu desexo de que se satisfagan as expectativas postas nesta iniciativa.

As tapas serán moi variadas e irán dende “Lura rechea de guacamole con vinagreta” a “Tosta de ovos sobre cama de xamón, trigueiros e pementos” ou “Carrilleira no Miño”. O prezo de cada tapa será de 2 €.