Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Gaña con Tui é un amor

8/02/2020

As concellerías de Comercio e de Turismo do Concello de Tui  coa colaboración do comercio local teñen en marcha a campaña “Tui é un amor. Namórate de Tui” co gallo do Día dos Namorados.. O obxectivo da mesma é fomentar as compras no comercio local con motivo da celebración do Día dos Namorados e promocionar turisticamente a cidade.

Dentro desta campaña as persoas que realicen fotografías nos elementos decorativos instalados nas rúas tudenses poderán optar a tres premios. 

Gaña con Tui é un amor

  1. Toma unha foto nun dos elementos colocados na campaña #Tuiéunamor #NamóratedeTui
  2. Comparte a foto no teu perfil en Facebook, Twitter ou Instagram  cos hashtag #Tuiéunamor #Namóratedetui
  3. Faite seguidor da nosa páxina en Facebook, Twitter ou Instagram
  4. Etiqueta ao Concello de Tui (Facebook  @ConcellodeTui | Twitter @concellotui |Instagram @concello_de_tui)
  5. Comenta por que Tui é un amor

As fotografías subidas, entre o sábado 8 e o venres 21 de febreiro ás 00:00 horas, que acaden o maior  número de  “Me Gusta” en calquera destas tres redes sociais (Facebook, Twitter ou Instagram) levarán:

  • 1º premio: Unha noite para dúas persoas en Aloia Nature en Tui.
  • 2º premio: Unha cea romántica para dúas persoas no restaurante  Época de Tui.
  • 3º premio: Un estoxo de viño de adegas Vimbio.

As fotografías gañadoras daranse a coñecer o sábado 22 de febrero nas nosas redes sociais, na web municipal tui.gal e na Radio Municipal de Tui.

Nota:

Contabilizarase o número de Me Gustas das fotografías por separado en cada rede social (Facebook, Twitter e Instagram), as tres imaxes que máis de “Me Gusta” acaden serán as que reciban os tres premios establecidos, coa salvidade de que a mesma fotografía non poderá levar máis dun premio.