Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Galitoon presenta este venres no Teatro Municipal o espectáculo "The show moscón"

3/03/2020

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 6 de marzo, ás 19.30 h o espectáculo "The show moscón" da man de Galitoon.

Chisco Casteleiro é o autor e director desta obra que el mesmo leva a escena xunto a   Rubén Mira. Trátase dun espectáculo de monicreques e novo circo no que ao longo de 50 minutos  achégannos a un circo de ambulante presentado por un moscón gordo e rollizo. A escena ten lugar no interior dun armario que abre as súas portas para amosar Divas da canción, absurdos números musicais, espeluznantes Magos e Mentalistas, incribles bebés equilibristas, …

Galitoon presenta unha nova obra na que homenaxea ás diferentes escolas e técnicas de manipulación, propias e alleas, aprendidas ao longo dos seus 15 anos de traxectoria.

As entradas están á venda en www.culturatui.info até este venres ás 12 h, e o mesmo venres dende ás 18 h no despacho de billetes aos prezos 4€ e 3€.