Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Fulano, Mengano e Citano presenta en Tui “”Viva a crise!”

5/10/2011

As entradas están á venda na web www.culturatui.info ao prezo de 5 e 3€


A función será o sábado ás 20.30h no Teatro Municipal

 

A compañía Fulano, Mengano e Citano volve este sábado a Tui para presentar no Teatro Municipal de Tui a súa última montaxe ”Viva a crise!”. A función comezará ás 20.30h e durante 70 minutos está garantido o humor e as risas características deste trío de actores.

“Viva a Crise!!” é unha  serie de historias entrelazadas que se desenvolven arredor deste tempo difícil que nos toca vivir, aderezas con sátira, crítica e actualidade fresca, ademais de con moito humor.  Nesta obra Fulano, Mengano e Citano propoñen ollar a crise dun xeito diferente, e aínda que non a van solucionar si axudan a pasala cun sorriso na faciana.

A compañía Fulano, Mengano e Citano está formada polos actores Manuel Pombal, Manuel Botana e Suso Pando. Dende 1994 presentan divertidas obras teatrais coma "Cheiro de Estrelas”, "Shss...Calma", "O Faro" e "Arte" de Yasmina Reza. Na actualidade amais de "Viva a Crise" tamén teñen en cartel "Nunca Menos". Nas ocasións anteriores en que estiveron en Tui tiveron gran éxito de público chegando a colgar o cartel de cheo.

As entradas para o espectáculo custan 5€ e 3€ e pódense adquirir na web www.culturatui.info, ou o sábado dende ás 19h no despacho de billetes.

 

Fulano, Mengano e Citano con “Viva a crise!”

Data: Sábado, 8 de outubro, ás 20.30h

Lugar: Teatro Municipal no edificio da Área Panorámica

Entradas: 5€ e 3€

Á venda en www.culturatui.info ou o sábado dende ás 19h no despacho de billetes.