Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A fotografía de Pedro Fernández gañadora da campaña “Tui é un amor, namórate de Tui”

22/02/2020

A súa publicación en Instagram rexistrou case mil Me Gusta. Un conxunto de fotografías de Abraham Álvarez foron as segundas con máis “likes” e unha imaxe de Ideas Peregrinas a terceira

Pedro Pablo Fernández Pérez con 968 Me Gusta na súa fotografía en Instagram na que aparece unha parella na praza de San Fernando, co Love instalado aos pés da Catedral, é o ganador da campaña “Tui é un amor, namórate de Tui”. Poderá disfrutar dunha noite para dúas persoas en Aloia Nature.

Un total de 259 Me Gusta recibiu o conxunto de fotografías dos elemento da campaña publicadas por Abraham Alvarez Alonso en Instagram. Disfrutará dunha cea para dúas persoas en Época.

A terceira fotografía que máis Me Gusta rexistrou foi a publicada por Ideas Peregrinas do “banco do amor”, tamén en Instragram,  que acadou 228 “likes”. O premio neste caso é un estoxo de viño de Adegas Vimbio.

Dende o Concello de Tui quérese agradecer a participación de todas as persoas que participaron na campaña  compartiron as súas fotografías nas redes sociais e explicando porque “Tui é un amor”.