Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A festa do Miño contou con todos os permisos necesarios

28/08/2014

 

A concelleira de Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez, afirma que a Festa do Miño celebrada o pasado 16 de agosto organizada polo seu departamento xunto ás asociacións culturais do municipio contou con todos os permisos correspondentes, e estivo cuberta polo seguro de Responsabilidade Civil do propio Concello.

 

A edil sae así ao paso do comunicado emitido polo Partido Socialista onde afirmaban que a festa que englobou un descenso popular, festival gastronómico e Festimiño, non cumpría cos requisitos legais. Vanesa Rodríguez afirma que dende o Concello de Tui se tramitou a solicitude de autorización do evento ante os distintos organismos contando así coa autorización emitida pola  Capitanía Marítima de Vigo, a Consellería de Medio Ambiente ao través da súa xefatura territorial, e o Servizo de Costas de Pontevedra dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

 

Amais con respecto a carencia de seguro de responsabilidade civil aludida polos socialista, explica que non foi preciso contratar unha póliza específica para evento xa tal e coma lle informaron dende a compañía coa que o Concello de Tui ten contratado o seu seguro de responsabilidade civil co mesmo queda cuberto calquera acto cultural, recreativo, social ou deportivo organizado polo Concello de Tui.