Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición fotográfica sobre "Israel e territorios ocupados" na sala Municipal de Exposicións

23/08/2013

 

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “ISRAEL E TERRITORIOS OCUPADOS” NA SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓN DE TUI

 

A ONG Amnistía Internacional achega a Tui a mostra fotográfica “Israel e Territorios Ocupados” ao Anexo da Sala Municipal de Exposicións da Área Panorámica ata o 13 de setembro.

 

A exposición mostra o conflicto existente en Oriente Próximo e denuncia a situación que a poboación civil está a vivir no conflicto entre Israel e o pobo palestino no que a violación dos dereitos humanos é constante.

 

A mostra consta de 12 paneis nos que se abordan temas directamente relacionados coa violación destes dereitos coma a tortura e os malos tratos, desaloxos forzados, bombardeos, o dereito á auga ou a impunidade de crímenes de guerra,  todos eles ilustrados graficamente con fotografías tomadas pola organización no lugar do conflicto.

 

A exposición estará aberta ao público de  luns a venres de 9h a 14h e de 17h a 20:30h.