Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición de plumiñas Tudenses de Rosa María Vila no anexo da sala municipal de exposicións.

6/05/2013

Luns, 6 de maio de 2013. A zona Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle dendê hoxe e ata o 31 de maio unha exposición de plumiñas realizadas póla tudense Rosa Maria Vila que recolle unha escolma da súa última producción gráfica com Tui como gran protagonista desta mostra.

 

Como sinala a propia artista “No ano 1998 comezou a miña andaina artística realizando a primeira exposición na cidade na que nacín, Tui. Despois consecutivamente fun realizando exposicións por diversas salas ao longo das diferentes comarcas e norte portugués.

O meu traballo artístico está ligado ao debuxo en tinta, plasmando todos aqueles recunchos polos cales discorre a miña vida cotiá, debuxando sempre de forma realista.

Co paso do tempo a miña inquietude fixo que me atraesen outras técnicas como o óleo,  a acuarela, o pastel ou o grafito mesturándoas e evolucionando pero sen deixar de manter ese romanticismo característico dos primeiros traballos.

Debuxo e pinto intentando captar todo ese realismo sempre interpretado

 

Con esta nova mostra a Sala Municipal de Exposicións segue consolidándose como un espazo dedicada a difusión e promoción dos artistas locais que atopan nestas instalación un lugar para a exhibición da súa producción.