Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade Valença - Tui acolleu a XVII Gala de Entrega dos Trofeos Deportivos "O Minhoto”

26/02/2014

Mércores, 26 de febreiro de 2014.  O Teatro Municipal de Tui acolleu o pasado luns a entrega dos trofeos deportivos  "O Minhoto" que recoñecen e premian publicamente o mérito dos atletas, clubs, dirixentes deportivos, adestradores e árbitros que máis destacaron na práctica das súas modalidades na rexión Miño.  A Gala de Entrega dos Trofeos celébrase cada ano nun municipio portugués correspondendo este ano a Valença, que no ámbito da Eurocidade, apostou por celebrar o evento no teatro tudense.

O xurado desta XVII gala deportiva estivo formado xornalistas deportivos locais, rexionais e nacionais e entidades ligadas ao deporte xunto a  varias asociacións de clubs, entre outras.

O galardoados o pasado luns foron  en balonmán Fábio Magalhães (Braga - Sporting Clube de Braga), en Artes Marciais Júlio Ferreira (Braga – Sporting Clube de Braga),en atletismo Carlos Sá (Barcelos - Desnível Positivo), en baloncesto Miguel Maria Cardoso (Ponte de Lima - Nanterre/Francia), en piragüismo Rui Lacerda (Ponte de Lima - Club Náutico de Ponte de Lima), en ciclismo David Vaz (Viana do Castelo - Viana Ciclo Club), en deporte adaptado João Machado (Cabeceiras de Basto - CERCIFAF), en deportes motorizados Miguel Barbosa (Vila Nova de Famalicão - Automobilismo), en fútbol afeccionado Vítor Correia (Viana do Castelo - S.C. Valenciano) e en fútbol profesional Vieirinha (Guimarães - V.L.F. Wolfsburg/Alemaña). Tamén recibiu o trofeo “O Minhoto” Patrícia Magalhães (Vila Nova de Famalicão - F. C. Vermoim) en fútbol sala, Hélder Nunes (Barcelos - F. C. Porto) en hoquei a patíns, Diana Durães (Fafe - F.C. Porto) en natación,  Bárbara Ribeiro (Vila Nova de Famalicão - Danza Deportiva - Alumnos de Apolo de Lisboa) en modalidades divesas, João Miguel Pito (Camiña - Sporting Club Caminhense) en remo, Vítor Silva (Guimarães - Vitoria Sport Club) en voleibol.

Tamén se recoñeceu ao árbitro Rui Torres (Barcelos - Hóquei en Patins), á Asociación de Baloncesto de Braga, mentres que o premio á consagración foi para Luís Viana (Viana do Castelo - Hóquei en Patins - Xuventude de Viana), e  o recoñecemento para o club de deporte escolar foi para a Universidade do Miño (Braga - Guimarães), e o club de fomento do deporte base recaeu na Escola Deportiva de Viana (Viana do Castelo). Por outra parte o galardón ao club pola conexión entre o deporte e a cultura foi para o Centro Social da Xuventude de Belinho (Esposende).  Coma mellor dirixente deportivo foi recoñecido Luís Teles (Braga - Académico Basket Club - ABC), e o premio ao mellor evento deportivo foi para Guimarães Capital do Deporte (Guimarães).  O galardón ao deportista revelación recaeu en Paulo Oliveira (Vila Nova de Famalicão - Fútbol - Vitoria Sport Club)

Por último José Sousa (Vila Verde - Canoagem - Sporting Club de Portugal) foi recoñecido como mellor adestrador, mentres que o gran premio Xurado na categoría individual foi para Paulo Gonçalves (Esposende - Motociclismo - Honda RC)  e o colectivo recau no Baloncesto Club de Barcelos (Barcelos - Baloncesto).

Os organizadores desta gala “O Minhoto” anunciaron que conxuntamente co Municipio de Valença van realizar un seminario que servirá de espazo para debate e convivencia entre atletas, adestradores, dirixentes, árbitros e o público en xeral. A iniciativa pretende, así, contribuír dunha forma positiva para a dignificación do deporte e seus deportistas, fomentando a práctica e interese deportivo na poboación máis nova.