Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade Tui – Valença protagonista dunha serie do “Canal Historia”

7/09/2012

Na xornada de onte e no día de hoxe unha empresa de producción audiovisuais está gravando na nosa cidade unha reportaxe que será emitida na programación do Canal Historia. Trátase dun documental en tres capítulos sobre a vida nas localidades fronteirizas entre España e Portugal e onde a Eurocidade Tui – Valença asume un importante papel.

 

Na tarde de onte comezaron as gravacións na nosa cidade, onde mantiveron unha entrevista con Alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, para de seguido desprazarse a Valença e culminando cunha entrevista conxunto aos rexedores de ambas cidades na fortaleza valenciana.

 

Ao longo destas xornadas realizaran entrevistas e reportaxes sobre a vida cotián das xentes da fronteira que ilustraran esta serie documental que será emitida no “Canal Historia” no vindeiro mes de xaneiro.

 

Para o Alcalde de Tui é unha grande satisfacción acoller nestes días a gravación deste programa pois favorecerá unha ampla difusión da historia e da vida das nosas cidades.