Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade Tui – Valença conta dende hoxe cun Bosque Autóctono da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal

24/11/2011

Onte mércores, 23 de novembro, coincidindo coa celebración do “Día do bosque ibérico”, tivo lugar na Eurocidade Tui – Valença un acto institucional conmemorativo desta efeméride coa plantación dun área con arbores autóctonos na ribeira do Miño, tanto en Valença como en Tui. Está actividade está promovida pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal (GNP-AECT) e consistiu na plantación en Tui, nunha superficie de 280 m2 de 24 freixos, 25 bidueiros e outros 25 ameneiros; namentres que en Valença nun área de 1.100 m2 se plantaron 95 freixos, 91 bidueiros e 86 ameneiros.

Participaron nos actos máis dun cento de alumnos de diversos centros escolares de  Valença e os alumnos do CEIP de Rebordáns – Tui. Entre as autoridades presentes cabe salientar ao presidente de la Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o director de Relacións Exteriores e coa UE de la Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, o vicepresidente da Autoridade Florestal Nacional de Portugal, Manuel Gabriel, a Vicepresidenta de la Comisión de Coordinación de la Región Norte de Portugal, Ana Teresa Lehmann e o director xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, Ricardo García-Borregón

Este ano 2011 está declarado pola ONU como o “Ano Internacional dos Bosques” e pretende chamar a atención de todos os cidadáns do mundo durante 2011. O  seu obxectivo é aumentar os esforzos de recuperación e conservación das masas arbóreas mundiais e recordar que son parte esencial do desenvolvemento sostible do planeta, grazas aos beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan.

Para Moisés Rodríguez Pérez, alcalde do Concello de Tui, esta celebración contribúe á difusión de actividades que pretenden sensibilizar á poboación sobre a necesidade de conservación do bosque autóctono pola súa importancia ecolóxica, económica, cultural e patrimonial. Sinalou na súa intervención como tamén Tui acolleu o 5 de abril de 1910 a primeira festa da árbore de Galicia e agora continúa este camiño coa creación deste bosque da Eurorrexión. A plantación destes arbores na ribeira do río Miño, un espazo integrado na Rede Natura 2000 da Unión Europea polos seus valores medioambientais, enriquece este espazo público e testemuña o compromiso das cidades de Tui e Valença para levar adiante o seu proxecto común de creación e consolidación da Eurocidade.