Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade Tui – Valença celebra o Dia Internacional da Muller co lema “A igualdade empeza por nós”

7/03/2012

Para celebrar o Día Internacional da Muller, dende a Concellería da Muller do Concello de Tui, en colaboración coa Cámara Municipal de Valença,  se ten organizado conxuntamente o seguinte programa de actividades orientado ás mulleres tudenses e valencianas, ás que se quere converter en protagonistas desta xornada:  

 

-           Entrada de balde durante todo o día na Piscina Municipal de Valença, ademais dunha clase gratuíta de hidroximnasia que se impartirá ás 20:50 horas dese mesmo día.

 

-           Durante este día 8 de marzo, tanto en Valença como en Tui, repartirase a todas aquelas mulleres que acudan ás dependencias do Concello ou vaian aos comercios locais e á Praza de Abastos, a realizar algunha compra, un pin conmemorativo, para concienciar acerca da significación deste día. No caso de Tui, contaremos para tal fin, coa colaboración da Asociación de Comerciantes de Tui.

 

Este ano a lema da campaña desta campaña  é “A igualdade empeza por nos”. Segundo a concellería tudense da Muller con este lema “queremos resaltar a importancia que ten o feito de que todas as mulleres traballemos na mesma dirección para conseguir máis logros con respecto á igualdade tano no ámbito doméstico, coma no laboral e na vida social, que exista unha auténtica igualdade de oportunidades en todos os ámbitos”.

 

Este é o terceiro ano que os concellos de Tui e Valença conmemoran conxuntamente este Día Internacional da Muller, animándoas a que recollan e porten estes “pin” como un xeito máis de celebrar este Día Internacional.