Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade presentou a súa oferta en Fitur 2014

25/01/2014

A EUROCIDADE TUI - VALENÇA PROMOCIONASE EN FITUR 2014

 

Por terceiro ano consecutivo a Eurocidade Tui – Valença estará presente na Feria Internacional de Turismo (FITUR) que onte se inauguraba en Madrid e que permanecerá aberta ao público ata o domingo.

 

O Alcalde de Tui , Moisés Rodriguez Pérez, xunto co presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, viaxará mañá á capital para promocionar conxuntamente a Eurocidade Tui-Valença coma destino turístico dentro da oferta das Rías Baixas, promovida pola Deputación Provincial de Pontevedra.

 

A presentación terá lugar ás 12:30h no pavillón número 9 da Feira onde se atopa o stand Turgalicia. Os dous representantes da Eurocidade intervirán así co fin de dar a coñecer a ampla oferta de turismo activo e de natureza grazas o seu enclave privilexiado ás dúas beiras do Miño que ofrece a práctica de diferentes deportes acuáticos. Salientaranse tamén recursos saudables e naturais coma a Ecopista de Valença, o Parque Natural do Monte Aloia coa recente restauración do castro do Alto dos Cubos e sen esquecer o conxunto histórico de ámbalas dúas, cunha longa historia plasmada nas súa empedradas rúas e murallas.

 

Para o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a iniciativa comezada xa hai tres anos de promocionar o conxunto da Eurocidade en FITUR supón unha repercusión máis que positiva para a fomentación do turismo na nosa localidade.O feito de ser un destino no que o turista poderá visitar nun mesmo día ou viaxe dous países , con 3 linguas diferentes e paisaxes, converte a Eurocidade nun destino chamativo e singular para os que deciden achegarse e coñecer a nosa comunidade e o sur dela en particular.

 

FITUR é unha das feiras máis importantes de turismo do mundo que no ano anterior reuniu a empresas expositoras de 167 países, cun total de 91.082 visitantes e unha cobertura mediática importante coa presenza de máis de 7.200 xornalistas procedentes de 59 países diferentes.