Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A eurocidade acolle unha "Summer Training School" na que participan vinte novos investigadores de varios paises Europeos

7/06/2013

Participaran investigadores de Polonia, Reino Unido, Grecia, Italia, Holanda, España e Portugal.

 

Venres, 7 de xuño de 2013. A Eurocidade Tui – Valença acolle ao longo da vindeira semana una “Summer Training School” do proxecto de investigación interuniversitario denominado “Acción COST TU1002: Recollida de instrumentos de accesibilidade e mellora da súa capacidade de uso das prácticas de planificación”, financiada pola Unión Europea.

 

Tratase dunha estadía de arredor de vinte investigadores mozos, xunto con outros investigadores seniors, que estarán ao longo da vindeira semana estudando a planificación territorial do ámbito xeográfico da Eurocidade Tui – Valença. O acto de apertura terá lugar o luns 10 de xuño ás 09,00 horas no Edificio Área Panorámica de Tui, onde estará a sede deste encontro.

 

Esta acción formativa está dirixida polo profesor da Universidade Politécnica de Madrid, Enrique J. Calderon, especialista en planificación territorial e de transportes, xunto ao profesor de Universidade de Coimbra, Nuno Norte Pinto, tamén especialista en planificación territorial.

 

Este proxecto pretende avaliar a aplicabilidade de instrumentos de apoio á decisión que enfocan cuestións de acessibilidade en todas as súas vertentes nos procesos de planeamento. O proxecto engloba a participación de investigadores de mais de 20 países europeos, tendo tamén unha rede de novos investigadores (Junior Researchers Network, JRN). O site do proxecto é http://www.accessibilityplanning.eu/.

 

Esta JRN ten todos os anos un encontro propio denominado “Summer Trainng School” (STS), que pretende ser unha semana de traballo intensivo dos membros da JRN sobre o estudo dun caso específico, utilizando as metodoloxías desenvolvidas e aplicadas no proxecto. Participaran nesta STS investigadores novos de Polonia, Reino Unido, Grecia, Italia, Holanda, España e Portugal.

 

Para o rexedor tudense, Moisés Rodríguez Pérez, a celebración deste encontro de investigadores evidencia o interese que suscita o proxecto de creación da eurocidade como un espazo de cooperación territorial e de colaboración entre administracións locais que promoven a cohesión social. As súas achegas arredor da investigación en temas de planeamento e de transporte resultarán de utilidade para o servizos técnicos de ambos municipio.