Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade acolle o espectáculo “Galtuk, onde nacen os soños”

13/05/2014

O espectáculo conta con animais animatrónicos de apariencia real

 

Martes, 13 de maio de 2014. A compañía española La fiesta escénica trae o espectáculo circense Galtuk á Eurocidade Tui-Valença, onde maxia, luz e cor convértense nos elementos centrais deste espectáculo.

 

A compañía, con espectáculos por todo mundo, estréase por primeira vez en Portugal logo de rematar a súa xira por Suíza e Italia, país este último que permitiu que este circo se convertese no primeiro en traballar no Teatro do Vaticano. 

 

O espectáculo “Galtuk, onde nacen os soños”  adapta as súas instalacións para recrear a habitación dunha nena que ten unha cebra de xoguete no seu cuarto coma decoración. Nos seus soños alguén lle rouba a cebra polo que a medida que avanza o soño a cama vai tornando en diferentes formas para recuperar o seu boneco.

 

Así, con esta historia de fondo, discorre o espectáculo, con dúas horas de duración, no que os asistentes poderán gozar da actuación dos máis de 20 artistas con malabares e teas aéreas, así coma de animais animatrónicos, animais que parecen reais grazas a aparencia externa e naturalidade de movementos, simulación de recoñecemento mundial trala súa presentación en Alemaña.

 

Hoxe tivo lugar a presentación de Galtuk no Concello de Tui á que acudiron o director e creador da compañía Abel Martínez, o artista circense Guillermo Riveiro, os alcaldes da Eurocidade Moisés Rodríguez e Jorge Salgueiro Mendes e os concelleiros Jose Ángel Villaverde e José Monte.

 

O presidente da Cámara Municipal de Valença destacou o soño da Eurocidade de ser unha cidade aberta, polo que este espectáculo de circo moderno permite ofrecer cultura e divertimento a ambas localidades. Pola súa banda, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou a maxia que o circo crea ao seu arredor e mostrouse convencido de que o espectáculo Galtuk vai ser un completo éxito.

 

O vereador de cultura portugués, José Monte, falou da labor divulgativa que se está a facer nas escolas de Tui e Valença mediante a promoción de pases gratuítos a cativos menores de 10 anos, para que se animen a asistir ao espectáculo en familia e permitir así o disfrute a diferentes xeracións.

 

As actuacións terán lugar o venres, sábado e domingo ás 22:30 hora española e sábado ás 17:30h no Campo da Feira de Valença, na Avenida Sá Carneiro. O prezo das entradas varía dos 6 aos 20 euros dependendo do lugar escollido. As mesmas pódense adquirir no despacho de billetes do circo ou a través da páxina web www.centralespectaculos.com.